Data
23 e 24 de novembro de 2023
23 e 24 de novembro de 2023
Museo de Pontevedra (Edificio Castelao)
Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra
Data límite de inscrición, 20 de novembro de 2023 (capacidade limitada)
Os cambios aos que se enfronta a institución museística, inmersa nun proceso de reflexión e debate crítico para adaptarse ás necesidades actuais, supoñen unha revisión dos procedementos e protocolos de acordo cos obxectivos marcados pola Axenda 2030 de desenvolvemento sostible aprobada pola ONU en 2015. A sostibilidade, eixo principal e transversal das accións foi, tamén, o tema elixido polo Consello Internacional de Museos (ICOM) para celebrar o día dos Museos de 2023.
Seguindo esta liña, o XII Encontro de Conservación e Restauración do Museo de Pontevedra e a Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia abordará o tema ‘Museos sostibles? Xestión, museografía e conservación’, coa sostibilidade como un punto de partida, de non retorno, e co obxectivo de conseguir que o museo sexa unha comunidade resiliente comprometida coa sociedade e concienciada cos valores patrimoniais. A reflexión sobre os museos e a sostibilidade é un dos retos máis urxentes dentro da práctica museística desde o compromiso social, a rexeneración económica e a responsabilidade ecolóxica. Un tema controvertido que parte de moi bos desexos, pero cales foron, ata o momento, os resultados?
Este encontro preséntase, nun primeiro bloque, como un foro de análise e propostas para o intercambio de experiencias e iniciativas de institucións públicas e privadas para establecer estratexias e criterios de sostibilidade na xestión do patrimonio cultural. Na segunda sesión prestarase atención ás prácticas museolóxicas e museográficas responsables, abordando a concienciación na rehabilitación arquitectónica, o cálculo da pegada de carbono, eficiencia enerxética, iluminación ou optimización de recursos na produción e deseño de exposicións. Finalmente, nun último bloque, máis específico, tratarase a sostibilidade no ámbito da conservación e restauración, promovendo comportamentos e prácticas que minimicen a pegada de carbono, expondo recursos tecnolóxicos como medida de conservación sostible, utilizando metodoloxías verdes e procedementos rendibles en accións conservativas e atendendo a programas de mantemento e xestión de residuos.
Orientado a profesionais do ámbito da museoloxía. Aberto a estudantes de disciplinas relacionadas co tema do encontro: conservación e restauración, historia, historia da arte…
Presencial. Rexistraranse as intervencións para poñelas a disposición das persoas interesadas no sitio web do encontro.
Comité científico
Susana Ara Poceiro (Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia)
Sonia Briones Vázquez (Museo de Pontevedra)
Andrea Fernández Arcos (Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia)
Carmen Lorenzo Rivera (Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia)
Pablo Porral Vicente (Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia)
Óscar Taboada Romero (Museo de Pontevedra)
Aránzazu Vaquero González (Museo de Pontevedra)
·
Coordinación/secretaría técnica:
Agar Ledo Arias (Museo de Pontevedra)
·
Comunicación:
Moisés Álvarez Jorge (Museo de Pontevedra)
Museo de Pontevedra coa colaboración da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
Museo de Pontevedra © 2021. Todos os dereitos reservados.
Deputación de Pontevedra