X encontro de conservación e restauración

Data

25 e 26 de novembro de 2021

Localización

Museo de Pontevedra (Edificio Castelao)
Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra

Data Límite

Data límite de inscrición, 22 de novembro de 2021 (capacidade limitada)

X encontro de conservación e restauración

Presentación

O 18 de marzo de 2015 foi referendado o Marco para a Redución do Risco de Desastres 2015-2030 no seo da terceira Conferencia Mundial de Nacións Unidas celebrada en  Sendai (Xapón), que España subscribiu. Este documento, coñecido como Marco de  Sendai, é extraordinariamente relevante porque é a primeira vez que se identifica o Patrimonio Cultural como un dos elementos para protexer do risco de desastres, destácase a necesidade de avaliar as perdas e o seu impacto sobre o patrimonio cultural, e exponse o investimento na súa protección como unha das claves para aumentar a  resiliencia social.

 

Desgraciadamente, exemplos recentes e próximos como o terremoto de Lorca en 2011, o incendio de  Nôtre Dame en 2019, ou a recente erupción  volcánica na illa da Palma reforzaron a nosa percepción de que o Patrimonio Cultural se enfronta, con máis frecuencia da desexada, a situacións de emerxencias xa sexan estas provocadas por fenómenos de orixe natural (terremotos, inundacións, furacáns…) ou  antrópico (guerras, terrorismo, accidentes…). A estas debemos engadir as situacións xeradas polo cambio climático e o despoboamento de zonas rurais co consecuente abandono do seu patrimonio cultural.

Ao longo das intervencións deste  Encontro, en liña con esta formulación  holística e esta mirada  globalizadora, exporase cal é o estado da cuestión en relación coa xestión de riscos e emerxencias que poden afectar o patrimonio cultural e a que escenarios enfrontámonos. Ademais, presentaranse algúns proxectos e solucións trazadas desde diferentes institucións que están a ser pioneiras na implementación dos seus plans de protección ante emerxencias.

Programa

Organiza

Museo de Pontevedra

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Museo de Pontevedra © 2021. Todos os dereitos reservados.
Deputación de Pontevedra