Edicións anteriores

Edición 2022

Presentación

XI Encontro de Conservación e Restauración

Deseño e xestión das salas de reserva: onde comeza a conservación

24 e 25 de novembro de 2022
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

 

Sen dúbida, os museos están inmersos nun proceso de reflexión e debate crítico para afrontar os múltiples cambios aos que se enfrontan para avanzar nunha xestión integrada e máis eficiente da súa práctica diaria. Un dos aspectos que mellor evidencian unha nova concepción e organización dos museos é a crecente atención prestada ás reservas da colección que, sempre infravaloradas e insuficientes,  están a pasar dunha posición marxinal a outra central nas inquietudes dos profesionais do mundo dos museos.

Esta necesidade está intimamente relacionada coa procura polos profesionais dunha xestión más eficiente, sostible e responsable dos nosos museos, pero tamén cunha clara vontade de dar visibilidade á maior parte da colección. Nesta dinámica, nos últimos anos emerxeron algunhas iniciativas pioneiras que marcan o camiño sobre cuestións como o deseño ex novo de salas de reserva, a reorganización funcional das existentes, a creación de reservas visitables ou a emerxencia de centros de depósito de coleccións patrimoniais que dan servizo a varias institucións.

Este encontro é unha boa oportunidade para compartir coñecemento experto e coñecer algunhas experiencias desenvolvidas nos últimos anos por institucións de referencia tanto no ámbito nacional como internacional. Só a través da discusión e análise crítica é posible que a toma de decisións sexa máis informada, responsable e sostible.

Programa

Xoves 24 de novembro

Mañá

9:00 h –  Acreditación e acto de inauguración

9:30 h – De almacén a Centro de Coleccións: un exemploLidia Font Pagès. Responsable de conservación preventiva e restauración. MUHBA Museu d’Història de Barcelona

10:15 h – Estratexias de sostibilidade: Gordailua, centro de coleccións patrimoniais de Gipuzkoa. Irene Cárdaba López. Técnico de conservación e restauración. Gordailua

11:00 h – Descanso

11:30 h – Estudos e consideracións previas á creación e deseño dunha Área de almacenaxe de bens culturais. Maite Barrio. Directora. Albayalde conservatio

12:15 h – Atopar o almacenamento óptimo do museo. Que se pode aprender dunha avaliación nos Países Baixos. Bart Ankersmit. Investigador senior. Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed (Axencia do Patrimonio Cultural dos Países Baixos)

13:00 h – Coloquio

Tarde

16.00 h – Xestión de coleccións en salas de reserva: metodoloxía de traballo en Rexistro e Conservación preventiva. Pureza Villaescuerna Ilazarra. Xefa de almacén de obras de arte Dep. Registro. Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS)

16:45 h – Non hai escusa: RE ORG, unha opción sostible para as nosas reservas. Mª Jose Gracia Tarragona. Coordinadora de Conservación Preventiva. Centre de Restauració de Béns Mobles de Catalunya (CRBMC)

17:30 h – Coloquio

18:15 h – Visita ao Museo

Venres 25 de novembro

Mañá

9:30 h – Optimización dos espazos para gardar e xestionar contidos eficientemente. Alberto Lorenzo Mitxelena. Director xeral. EUN Group

10:15 h – O almacén como espazo público, unha novidade consolidada. O caso do Museo de Málaga. José Ángel Palomares Samper. Xefe do Departamento de conservación e investigación. Museo de Málaga

11:00 h – Descanso

11:30 h –  Centre de conservation et d’étude de Lorraine (Metz). Historia, desenvolvemento e xestión das coleccións arqueolóxicas. Hélène Anton. Conservadora de patrimonio a cargo das coleccións arqueolóxicas do CCEL. DRAC Grand Est – Service Régional de l’Archéologie

12.15 h – Salas de reserva e conservación preventiva no MARQ Museo Arqueológico de Alicante. Manuel Olcina Domenech. Director. MARQ Museo Arqueológico de Alicante

13:00 h – Coloquio

13:45 h – Clausura e entrega de diplomas

Tarde

16.00 h – Visita guiada ao complexo conventual de Santa Clara, nova sede do Museo de Pontevedra

Haberá servizo de tradución simultánea.

Cartel

Museo de Pontevedra © 2021. Todos os dereitos reservados.
Deputación de Pontevedra